Liberado Linux Mint Debian

Unha fantástica noticia para quen gustar de Linux Mint (coma min) pero non da traxectoria que está a seguir Ubuntu ultimamente: acaba de ser liberada a versión de Linux Mint baseada na versión de proba (‘testing’) de Debian!

Debian + Mint: A combinación perfecta?

Iso significa que:

- Poderemos continuar a usar un repositorios moi extensos, mesmo máis que os de Ubuntu (os usuarios de Debian adoitan ser xente con amplos coñecementos de Linux, e iso fai que os seus repositorios poidan estar mantidos por millares de voluntarios de todo o mundo).

- O noso sistema será igual de estable que Ubuntu e a versión de Mint que se basea nel; a versión estable de Debian é moi moi fiable, e a de probas que usa Mint é, seguramente, tan estable ou máis que Ubuntu e derivados (Debian ten outra versión máis, a inestable, pero iso xa é outra historia)

- O noso sistema sempre estará actualizado; ou sexa, que ao se basear na versión de probas de Debian (unha distribución das chamadas ‘rolling release’, como PcLinuxOS), non fará falta reinstalar Linux cada vez que saia unha versión nova: abondará con instalar as actualizacións de que nos avise o propio sistema.

- Poderemos usar Mint en equipos menos potentes, porque Debian consume bastantes menos recursos que Ubuntu (e, daquela, que a propia versión actual de Mint).

- Non dependeremos das ocorrencias do xefe de Ubuntu: os que fan Mint non adoitan mudar os botóns das xanelas de sitio, nin pór e sacar aplicativos sen razón (aínda que calquera desas tarefas é máis fácil de facer en Mint que en Ubuntu).

- Contianuaremos a ter á nosa disposición todos os paquetes multimedia que Mint acostuma incorporar, os aplicativos desenvolvidos especificamente para Mint (MintMenu, MintBackup, MintNanny…), e os temas verdes que caracterizan esta distribución.

Podedes ler o anuncio da liberación aquí. Como veredes, por agora só está dispoñible co escritorio de Gnome e para 32Bits.

Podedes descargar Linux Mint Debian nesta ligazón.

Podedes ler algunhas reseñas positivas (en inglés) aquí, aquí e aquí.

openSUSO

About these ads

~ por opensuso o 09/09/2010.

2 Respostas to “Liberado Linux Mint Debian”

  1. Pois si que fixo cousas raras Canonical na última versión de Ubuntu, eu pasei horas buscando e personalizando temas para poñer os botóns no sitio acostumado e deixar o escritorio confortable para a vista. No segundo ordenador quedei coa versión 9.10, de momento.
    Tamén me estaba parecendo que Ubuntu ía cada vez máis lento en ordenadores un pouco vellos …
    Se teño tempo hei probar ese Mint Debian, á vista do que dis. E a ver como vai a administración das particións, que iso é outra historia …
    Gracias pola información.

    • Debe de haber moita xente que estea un pouco sorprendida polas cousas estrañas que están a facer os de Canonical ultimamente. Os propios autores de Linux Mint andan algo descontentos, por iso tentan ter a máxima independencia de Ubuntu que sexa posible. O lanzamento de Mint-Debian vai nesa dirección: chegado o momento, a distribución será madura abondo -agora mesmo aínda está un pouco verde (non é un chiste)- como para non depender de Ubuntu.
      Instalei esta nova versión en VirtualBox. A tradución ao galego está máis incompleta que a de Ubuntu e a do Mint de sempre; imaxino que será cousa de Debian. O propio instalador está en inglés, mesmo se escolleres outro idioma para o sistema. E si, o tema das particións é un pouco máis complicado que en Ubuntu (disque os de Mint están a traballar nun instalador propio, máis simple).
      O bo é que consume moitos menos recursos que Ubuntu e mesmo que Xubuntu (a versión co contorno de escritorio lixeiro Xfce). Para computadores menos potentes -especialmente portátiles- é ideal.
      O que non sei é se programas feitos especificamente para Ubuntu, como Ubuntu Tweak, funcionarán en Debian. A pesar de os dous sistemas usaren DEBS, a compatibilidade dos programas non sempre é perfecta, por culpa de Ubuntu (por iso os repositorios desta non son compatibles cos de aquela; é unha mágoa).
      Cando faga máis probas, penso excribir unha reseña máis polo miúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

%d bloggers like this: