Bos propósitos

Xa coñecedes a historia da miña relación coa informática e co sistema operativo Linux. Supoño que a mellor forma de continuar coa presentación deste blogue é describindo cales son os seus propósitos. Basicamente, son estes:

– falar, desde unha perspectiva galega e en galego, sobre Linux, e sobre o software libre en xeral, existente en galego (iso non significa, necesariamente, que estes programas sexan feitos en Galicia, aínda que as traducións terán, normalmente, a súa orixe neste recanto áspero e salvaxe). Non sei se iso vai ser fácil, sobre todo porque non sei exactamente se eses programas son abundantes ou non; de feito, un dos obxectivos do blogue e ir averiguándoo!

– facelo dunha maneira lúdica e, se for posible, didáctica. Como aínda estou comezando no mundo este de Linux, estou seguro de que eu irei aprendendo tamén conforme vou elaborando o blogue.

Entre as cousas que irán aparecendo nesta páxina están as habituais nestes casos: noticias máis salientables, na miña opinión, sobre Linux e o software libre, especialmente as que estean ligadas a Galicia e ao galego; curiosidades máis ou menos curiosas ou divertidas; consellos que eu ache útiles e que poden ser útiles a outra xente que tamén está comezando ou que gusta de fedellar co seu computador; reseñas de distribucións de Linux en galego (así poderemos ver tamén como anda a calidade das traducións; xa aviso que, polo que teño visto, as experiencias neste campo non son sempre agradables); outras noticias sobre Galicia e o mundo, non todo vai ser pensar en bits e bytes; os vosos comentarios.

Todo isto ha de contribuír, espero, a demostrar que os usuarios de Linux e software libre existimos, aínda que non se nos recoñeza pola rúa nin fagamos proselitismo en público, e que, na realidade, calquera pode selo con máis vontade e con menos prexuízos. Únome, por tanto, á lista de páxinas que xa se poden achar na rede sobre este tema. Oxalá cada día sexamos máis.

Adiante, pois!

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 09/08/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: