O meu escritorio (Agosto 2010)

Debo confesar que, desde que me pasei a Linux e descubrín as súas inmensas posibilidades de personalización, nunca fico moito tempo co mesmo escritorio: o que máis a miúdo mudo é a imaxe do fondo (aínda que normalmente escollo sempre imaxes en blanco e negro). O tema do panel e das xanelas tampouco acostuman durarme moito (e cada vez menos).

Xa sabedes que para variar o aspecto do voso escritorio, só tedes que clicar nel co botón dereito do rato, e seleccionar a liña que vos permite escoller o fondo de escritorio. Para usar en Gnome os temas descargados, por exemplo de gnome-look, normalmente só cómpre arrastralos á aba de temas que se abre nesa xanela. (Nos respositorios da vosa distribución favorita tamén ha de haber temas, mais seguramente non tantos.) A partir de aí, é cousa de lle botar imaxinación. Lembrade que sempre podedes voltar ao tema por defecto!

Aquí podedes ver o aspecto actual do meu escritorio:

O meu escritorio actual (autor: openSUSO)

Normalmente uso Gnome con temas escuros (como o Shiki-colors que trae por defecto Linux Mint), aínda que desta vez optei polo gris: o tema é unha modificación de Darklooks (en Ubuntu/Mint pódese achar no paquete gnome-themes-extras, que está nos repositorios oficiais e se pode instalar con Synaptic), aínda que os bordes das xanelas son os do tema Melted elementary, que se pode descargar en gnome-look. Xa sei que o conxunto se parece ao de Mac, mais a min, neste momento, gústame (o que non me gusta tanto é a barra de aplicativos, o infame “dock”, prefiro a barra ou panel de toda vida). O tema das iconas é un achado recente: Faenza, dispoñible aquí (aínda está en fase de probas, así que non todas as iconas están feitas). É espectacular, especialmente cun deses “docks” que eu non uso. Ah, case me esquezo: para o cursor do rato uso o tema Oxygen procedente do contorno KDE (en Ubuntu/Mint pódese achar no paquete oxygen-cursor-theme, tamén nos repositorios).

Un saúdo

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 09/08/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: