Crea a túa propia imaxe de Debian

Nalgunhas distribucións de Linux pódense instalar programas ou executar scripts que permiten creardes a vosa propia versión (en forma de imaxe .iso), descargárdela, gravárdela nun CD ou DVD, usárdela como sistema en vivo (Live) sen necesidade de instalación, e mesmo intalárdela nos vosos computadores ou nos dos vosos coñecidos, de maneira máis ou menos doada. Remastersys, para Ubuntu e derivados (o seu uso con Debian e outros derivados directos é máis problemático), e Remasterme, para PCLinuxOS, son dous bos exemplos. Outras distribucións ofrecen en internet un servizo para facerdes iso mesmo sen terdes de instalar programa ningún. Eis, por exemplo, SUSE Studio e -seguramente un caso menos coñecido- Nimblex (un derivado de Slackware vía Slax). A estes únese agora un proxecto para creardes na rede a vosa propia imaxe personalizada de Debian: Debian Live Studio. Como podedes ver nesta imaxe, o sistema permite mesmo facer unha imaxe en galego!:

Pantalla de selección de idioma (autor: openSUSO)

Semella que nestes momentos o servizo está saturado: os seguidores de Debian levaban tempo a agardar por algo así. Cando poida crear unha imaxe e probala, xa vos darei máis información.

En calquera caso, unha estupenda noticia para os que quixerdes facer as cousas á vosa maneira!

Fonte: Linux Journal.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 10/08/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: