Bo, bonito, barato e libre

Un dos maiores praceres para os usuarios de Linux é a posibilidade de configurar a distribución ao seu gusto. Non me refiro só ás características técnicas do sistema, senón tamén á aparencia.

Nunha entrada anterior falei do tema de iconas Faenza para Gnome.

Faenza, creado por Tiheum

 

Até agora podiades instalalo descargando o paquete correspondente. O problema era que o autor aínda está a crear novas iconas, por tanto se queriades manter o tema actualizado tiñades de o desinstalar, voltar a descargar e instalar de novo. Iso xa non é necesario, pois o seu autor acaba de pór á nosa disposición un PPA propio (iso significa que engadiredes o programa mediante un repositorio propio, así que, despois de o instalar, as actualizacións faranse como as dos demais programas, ou sexa, serán automáticas). Para agregar o PPA a Ubuntu e derivados, só cómpre abrirdes un terminal e inserirdes estas liñas (cando volo pida, dáde o voso contrasinal):

$ sudo add-apt-repository ppa:tiheum/equinox
$ sudo apt-get update && sudo apt-get install faenza-icon-theme

Cando acabe o proceso, xa poderedes usar este tema de iconas.

Por outro lado, segundo o seu autor, Faenza luce máis con Equinox, un tema de escritorio creado tamén por el.

 

Equinox, creado por Tiheum

Se vos gusta, tamén ten PPA:

$ sudo add-apt-repository ppa:tiheum/equinox
$ sudo apt-get update && sudo apt-get install gtk2-engines-equinox equinox-theme equinox-ubuntu-theme

Outro tema de iconas e escritorio bastante popular entre os usuarios de Gnome é Elementary.

elementary, creado por DanRabbit

Eis outro PPA:

$ sudo add-apt-repository ppa:elementaryart
$ sudo apt-get update && sudo apt-get install elementary-theme elementary-icon-theme

E agora que digan que Linux non é bonito.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 11/08/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: