Busca torrentes desde o teu escritorio

A procura de torrentes pode ser un proceso bastante pesado, dada a cantidade de servidores de orixe (trackers) e de buscadores existentes (The Pirate Bay e Mininova son dous dos máis coñecidos; tamén hai metabuscadores como TorrentScan e Toorgle).

Para axudarnos está este pequeno aplicactivo, Torrent Search. Podedes descargar o DEB -ou o código fonte para compilardes o aplicativo vós mesmos- aquí. Se escolledes o DEB, e tedes instalado o paquete gdebi, só cómpre clicardes dúas veces nel e seguirdes as instrucións.

Desde que estea instalado, e antes de o usarmos por primeira vez, debemos escoller o cliente de BitTorrent que teñamos no noso sistema:

Edit > Preferences > Use standard application (no meu caso o programa é Transmission)

Pantalla de preferencias de Torrent Search (autor: openSUSO)

Agora xa podemos facer a nosa busca. A mellora principal en relación a TorrentScan é que a busca se fai en todos os sitios de almacenamento á vez. Cando obteñamos os resultados, ao clicarmos no arquivo desexado, Torrent Search xa o agrega automaticamente ao noso cliente.

Pantalla principal de Torrent Search (autor: openSUSO)

Fácil, non é? Como vedes na segunda imaxe, o aplicativo indica, entre outras cousas, a data de creación do torrente, o tamaño do arquivo, así como o número de sementes (peers) e samesugas (leechers) que ten. Esta é un dos aspectos en que supera o buscador Toorgle.

Ademais, se usades o contorno de escritorio Gnome, podedes agregar unha barra de busca ao voso panel:

botón dereito do rato (sobre o panel) > engadir ao panel > Torrent Search Searchbar > engadir

A seguir apareceravos o novo buscador, desde o que podedes procurar arquivos directamente:

Barra de busca de Torrent Search (autor: openSUSO)

O programiña só ten unha falla: está en inglés, aínda que tampouco é un gran problema, pois como o seu funcionamento é moi simple non hai moitas oportunidades de se perder.

Fonte: Ubuntugeek

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 14/08/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: