A fin da segunda Galinux

En entradas anteriores falei das distribucións galegas de Linux e, entre elas, da Galinux desenvolvida por Mancomún.

Un dos seus propósitos era fornecer unha versión de Linux con todas as vantaxes dese sistema operativo (ou, mellor, todas as vantaxes de Ubuntu: facilidade de uso, abundancia de programas), e traducida ao galego.

Deste Galinux só saíu unha versión, baseada en Ubuntu 8.10, a finais de 2008. Como a tradución de Ubuntu ao galego está a avanzar a bo ritmo, o sentido desta distribución está a minguar proporcionalmente, e de feito xa non voltaron saír máis versións. Os propios autores do proxecto recoñeceron hai pouco que o Ubuntu orixinal xa está case totalmente en galego, e que por tanto o seu Galinux xa non fai falta (isto só o recoñeceron implicitamente, claro); quen o desexar, pode descargar directamente Ubuntu e instalalo en galego.

Non nos enganemos, dado que as pretensións do Galinux da Xunta xa están cubertas por Ubuntu (cousa da cal só nos podemos alegrar), non tiña moito sentido continuar con esta iniciativa. A pregunta agora é: morto Galinux e privatizada a Mancomún, vai mostrar a Xunta máis interese por Linux e polo software libre?

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 15/08/2010.

2 Respostas to “A fin da segunda Galinux”

  1. O que é en educación, iso nunca o permitirá O Marqués de Xade:
    http://iesounonies.wordpress.com/2009/10/01/o-marques-de-xade-e-outros-contos-de-terror/

    • Moi bo o relato. É verdade que agora todo se tenta informatizar: xa eran as cousas bastante complicadas como para que por riba os profesores a alumnos teñan de aprender a usar novos aparellos e programas!!! Tampouco é que sexa eu o máis indicado para dicilo, claro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: