Dúas distribucións galegas máis

Para acabar con esta serie de artigos sobre as distribucións de Linux en Galicia, vou falar de dúas que até ben pouco eu non coñecía.

Dando voltas pola rede, topei cun artigo e unha entrada na Wikipedia con información sobre GALPon MiniNo. A súa andaina comezou, en 2008, como unha derivación de Debian destinada a equipos vellos e con pouca potencia. Podedes descargar a versión 1.2, aínda en fase de probas, nesta páxina (non vos vou mentir, eu non tiven sorte e non a dei descargado). E velaí tedes unha imaxe do escritorio con algúns aplicativos abertos:

GALPon MiniNo 1.2

Tamén descubrín unha última distribución galega, chamada GNIX (abreviación de “GNU/Linux para o pobo”) e feita pola AGNIX (que significa, segundo unha versión, “Asociacion de Usarios de GNU e *NIX”, e, segundo outra, “Asociación de usuarios de GNIX”). Lin por aí que está baseada en Morphix (distribución baseada en Knoppix, que deriva de Debian). Debe de ser a variante de Linux a máis antiga de todas as que houbo en Galicia, pois seica foi creada en 2003. Segundo Distrowatch, a última actualización foi en 2006, aínda que eu achei unha versión máis recente, polo nome semella que de 2008. Talvez haxa algunha diferenza esencial entre o que Distrowatch chama GNIX-Vivo e a GNIX a que leva esta última ligazón. Están baseadas en distribucións diferentes? A verdade é que non o sei, porque non fun quen de descargar ningunha (que me pasa ultimamente?). Non por iso vou deixar de fornecer a imaxe costumeira:

GNIX 0.8

Haberá algunha distribución máis de Linux en Galicia? Coido que non, pero despois destes dous achados de última hora, non me atrevo a dicilo con certeza.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 16/08/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: