Varios correctores de galego para o Writer de OpenOffice.org 3 e Libreoffice

Á luz da pouca presenza que teñen nos medios de comunicación tradicionais, calquera diría que Linux e o software libre en xeral apenas teñen implantación en Galicia. Afortunadamente, iso non é así.

Como xa vimos, contamos con varias distribucións de Linux (algunhas moribundas e outras directamente mortas, é verdade, pero tamén un par delas que gozan de boa saúde), e outras iniciativas a prol do softare libre, entre as cales cómpre salientar Mancomún e o Proxecto Trasno (desta tedes unha ligazón permanente no panel da dereita do blogue). Ademais, existen numerosos grupos de usuarios espallados por toda a nosa xeografía (idem). Por último, nas tres universidades públicas galegas -na Coruña, en Compostela e en Vigo– hai servizos de software libre que traballan día a día para dar a coñecer, cos poucos medios de que dispoñen, as bondades dos programas e sistemas non privativos.

Á parte de todos estes proxectos, un bo número de sistemas operativos internacionais e aplicativos de uso frecuente xa está dispoñible desde ha tempo na lingua propia de Galicia. Entre elas, pola súa importancia, destaca a suite ofimática OpenOffice.org (OOo). Despois de bastante tempo usándoa en lugar das alternativas comerciais que todos coñecemos, podo dicir que hai moi poucas cousas que OOo non poida facer en comparanza con, por exemplo, o Of.fice de Micr.osoft. Como nos programas privativos, temos mesmo a opción de instalar correctores de galego no procesador de textos, o cal é moi útil en versións de OOo instaladas noutro idioma.

En galego

Como non podía ser menos ao falarmos de Galicia, non hai un senón catro (!) correctores (á parte, claro está, dos de portugués europeo que sen dúbida empregan moitos simpatizantes da AGAL):
– Hai dous para a “norma oficial” (elaborada pola RAG e o ILG, e apoiada pola Xunta de Galicia), que como xa sabedes todos foi revisada en 2003. O elaborado polo Proxecto Trasno podedes descargalo aquí. O outro, feito por Mancomún, está aquí.
– Hai un para a “norma AGAL” (lusista, reintegracionista, rexeneracionista ou como a quixerdes chamar). É obra de Ramom Flores, e pode descargarse neste enderezo, aínda que, a xulgar pola data da última actualización (2009), non foi adaptado á recente revisión das normas da AGAL conforme o Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa de 1990.
– Hai outro para a defunta “norma de mínimos” (situada entre as dúas anteriores, aínda que máis próxima á primeira). Tamén é obra de Ramom Flores, e pode descargarse aquí. (Aínda hai un dicionario máis con esta norma, debido a André Ventas e Ramom Flores, e que está nos repositorios de Debian/Ubuntu/Mint ou, nunha versión máis antiga empaquetado por Agustín Martín Domingo, en formato DEB; ignoro cal é a súa utilidade, mais non parece estar feito para o Writer.)

Para instalardes estes correctores, só tedes de ir ao menú de Ferramentas no Writer de OOo:

Ferramentas > Administrador de extensións > Engadir (aí seleccionade o corrector que descargastes antes)

Outra maneira, talvez máis simple, é irdes directamente ao xestor de paquetes (Synaptic en Debian, Ubuntu e derivados), e instalardes o paquete hunspell-gl-es (para un dos correctores coa normativa oficial). Tamén o podedes facer no terminal:

$ sudo apt-get install hunspell-gl-es

Despois de o instalardes e de reiniciardes o Writer, a opción de corrixir textos en galego xa estará á vosa disposición. Saćadelle proveito!!!

Corrector de galego en acción (autor: openSUSO)

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 17/08/2010.

2 Respostas to “Varios correctores de galego para o Writer de OpenOffice.org 3 e Libreoffice”

  1. En Ubuntu creo que non instalei nada para OOoWriter, se non que con instalar o paquete de idioma de galego do SO apareceu automaticamente un corrector no Writer. Total que non sei cal dos dous de normativa oficial teño (tampouco me preocupa moito).
    Non estou seguro de todo porque estou de vagancións e ando cun vello w¡nd0w$.

    Supoño que pronto escribirás sobre os correctores de Firefox.Eu estou encantado cos catro que teño (das catro máis habituais para nos: gl, pt-Pt, es-Es, en-En).

    • O problema que mencionas é certo: cando un instala Ubuntu/Mint/Trisquel en galego (ou noutro idioma, e despois o pasa ao galego) non sabe moi ben cal é o corrector que está a usar, se o de Trasno ou o de Mancomún. Até o de agora, nos sistemas non instalados en galego sempre descraguei o corrector de Mancomún, que é bastante bo (aínda que non recoñece palabras comúns como “derradeiro”). O de Trasno aínda non o probei, así que non sei cales son as diferenzas entre eles. Cando instale un sistema noutro idioma, descargareino e farei un comentario breve.
      O dos correctores para Firefox terei de pensalo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: