Corrector de galego para Firefox 3

Continuando coa serie de artigos sobre ferramentas lingüísticas para usuarios galegos, vamos botar unha ollada ao corrector de galego do navegador Firefox, desenvolvido por Mancomún.

Desde a versión 2, Firefox inclúe un corrector ortográfico. Isto significa que xa podedes escribir correctamente, en case calquera idioma, unha mensaxe ou unha entrada nos vosos blogues.

Para realizar a instalación no hai máis que instalar unha extensión co dicionario no idioma desexado. Podemos facelo desde o propio navegador, e sen necesidade de descargar nada á parte. En primeiro lugar, seguiremos esta rota:

Firefox > Complementos > Obter complementos > Buscar en todos os complementos

Se procuramos por “corrector galego”, a extensión que precisamos é da primeiras que aparecerán nos resultados. Prememos o botón de Engadir a Firefox e aceptamos todo o que faga falga. Finalmente deberemos reiniciar o navegador.

Para comprobardes que o corrector está instalado, podedes ir ao menú de Ferramentas de Firefox:

Complementos > Idiomas

Debería aparecervos na lista.

Correctores de idiomas instalados en Firefox (autor: openSUSO)

A partir de agora, ao escribirmos en galego podemos escoller o idioma de corrección:

Botón dereito do rato > Idiomas > Galego

Se escribimos unha palabra que non está no dicionario, aparecerá con un subliñado vermello como o de OpenOffice.org Writer.

O corrector de galego de Firefox en acción (autor: openSUSO)

Novamente co botón dereito podemos escoller a palabra correcta ou agregala ao dicionario.

Un dos problemas que ten este dicionario, como o de OpenOffice.org de que partiu Mancomún, é precisamente que está incompleto e necesita ir ampliándose pouco a pouco mediante a inclusión de termos ás veces bastante comúns. Por desgraza, en ocasións agregamos unha palabra de forma accidental. Para eliminala cómpre ir ao arquivo persdict.dat:

Cartafol persoal > .mozilla > firefox > …

(Xa sabedes que os cartafoles cuxo nome comeza cun punto están ocultos. Para mostralos só hai que usar a combinación de teclas Ctrl+h no navegador de escritorio, ou ir ao menú Ver > Mostrar ficheiros ocultos.)

O arquivo persdict.dat pódese abrir co voso procesador de textos, só con clicar nel dúas veces. Desde que estea aberto, podemos quer eliminar quer agregar en forma de lista as palabras que quixermos. Obviamente, facendo unha copia dese arquivo podemos substituír o doutro sistema, e así sempre teremos un dicionario personalizado á nosa disposición.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 28/08/2010.

2 Respostas to “Corrector de galego para Firefox 3”

  1. Precisamente acabo de ver unha cousa que penso que é nova. Este dicionario agora admite “blogue”, e non “blog”. Teño a dúbida porque en portugués agora escriben “blog” (tendo en conta que os portugueses admiten os anglicismos sen problema ningún, por exemplo “link”). En singular, en plural non ten dúbida.
    Sábese algo da opinión da (Real) Academia? Ate hai pouco non se pronunciara respecto deste neoloxismo.
    Nota:A tradución traída do castelán “bitácora” paréceme que non ten xeito ningún.
    É para a localización de WordPress, na que aparecen as dúas formas (na normativa oficial, para outras normativas pódense pedir outras localizacións).

    • A verdade é que eu escribo bloque máis que nada porque é o termo usado por WordPress. Sei que en portugués tamén era (é?) así, porque tiñan a tendencia de pór un -e ao final das palabras estranxeiras con terminacións máis ou menos estrañas: futebol, Nova Iorque… Parece que agora xa collen simplemente a palabra, sen adaptala, especialmente a xente nova, que di download e cousas así (a verdade é que non sei por que, habendo unha tradución tan evidente).
      Nas normas da RAG só se di que as palabras estranxeiras de moito uso se acentúan segundo as mesmas regras que as galegas: e.g. hóckey. Á diferenza da RAE, non din nada de naturalizalas (güisqui, yaz…). Que eu saiba, nada dixeron sobre blog(ue) aínda.
      Xa ves que che fixen caso sobre o corrector de Firefox. A verdade é que non se me ocorrera falar del. Graciñas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: