Personaliza a túa distribución con Remastersys

Quen non desexou, despois de instalar e desinstalar todos os aplicativos que un queira, dispor dun método para gardar o sistema xa personalizado? Quen non quixo ter un Live-CD ao seu gusto, para reinstalalo no seu computador se fixer falta ou instalalo en varios computadores, un detrás de outro, sen necesidade de configurar os programas cada vez? Afortunadamente, para iso está Remastersys.

Con este marabilloso programa podedes crear, en calquera momento, unha imaxe .iso do voso sistema, gravala nun CD ou DVD e usala como sistema en vivo (Live CD/DVD).

Hai unha versión do aplicativo para Debian (até hai ben pouco non funcionaba ben con Lenny) e outra para Ubuntu/Mint (que si funciona, e coido que tamén ha de funcionar con Trisquel).

Existen varias maneiras de instalación. Se cadra a máis simple é descargardes a última versión do paquete .deb no repositorio do programa; para instalárdelo, picade dúas veces na icona (lembrade que debedes ter o paquete gdebi, presente nos repositorios a través de Synaptic, instalado); as dependencias xa se descargan e instalan soas.

Alternativamente, podedes ir a terminal (así tamén lle imos perdendo o medo):

$ sudo add-apt-repository “deb http://www.geekconnection.org/remastersys/repository karmic/”
$ sudo apt-get update
$ sudo apt-get install remastersys

Despois de facerdes isto, debería aparecer unha entrada nova no voso menú:

Administración > Remastersys Backup

Unha vez dentro do aplicativo, aparecerá unha pantalla como esta:

Remastersys (autor openSUSO)

Como vedes, está en inglés. Non hai problema! Aí tedes unhas breves instrucións para que ninguén se perda:

– o primeiro que hai que facer e fechar todas as demais xanelas. Despois, premer no comando Clean, aceptar e esperar a que faga o seu traballo.

– ao acabar, aceptamos de novo e prememos no comando Dist. Isto creará unha imaxe do voso sistema, no seu estado actual. O proceso é un pouco lento, pero despois de media horiña ou así podedes achar a imaxe en:

home > remastersys

– agora só cómpre gravala con Brasero, escollendo Gravar imaxe e buscando a imaxe que acabamos de crear (a gravación, mellor á velocidade mínima, para evitar erros).

Pode ser máis fácil? Creo que non.

Truco: podedes usar a imaxe personalizada directamente en VirtualVox, para terdes a distribución o máis actualizada posible, e despois repetir o proceso dentro da máquina virtual.

Saúdos

openUSO

Advertisements

~ por opensuso o 28/08/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: