Como instalar calquera tipografía en Gnome

Ademas das tipografías que vos veñan instaladas coa vosas distribución de Linux preferida, podedes instalar moitas outras, almacenadas nos repositorios, desde o xestor de paquetes.

As que a min máis me gustan son, por exemplo, Linux Libertine (a usada no logotipo da Wikipedia), Gentium (desenvolvida pola organización de estudos lingüñisticos SIL International) e Junicode (dirixida a medievalistas, aínda que pode usala claquera). As tres son de tipo serif, e contan cunha ampla variedade de diacríticos e símbolos varios.

Pero se o que vos gusta é escribir textos con tipografías aínda máis especiais, podedes descargalas en formato true type font (ttf) e open type font (otf), e installas no voso sistema -sempre que use Gnome para o escritorio- nestes sinxelos pasos:

Cartafol para as nosas fontes (autor: openSUSO)

– ide á vosa carpeta persoal e creade un cartafol chamado .fonts;

– como é un cartafol oculto (de aí o punto ao inicio do nome), premede Ctrl+h para velo;

– copiade ou arrastrade a el as tipografías que desexedes;

– voltade premer Ctrl+h para que os cartafoles ocultos non se vexan.

Iso é todo. A partir de agora, podedes dispor deses tipos de letras n calquera aplicativo, por exemplo en OpenOffice.org.

P.D. Se por calquera razón as tipografías non vos funcionaren, a solución acostuma a ser pór as terminacións .ttf ou .otf (segundo o caso) ao final do nome.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 31/08/2010.

2 Respostas to “Como instalar calquera tipografía en Gnome”

  1. Perdón.
    De onde copiamos esas tipografías?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: