A falta de lóxica da Xunta

Lin recentemente un artigo encabezado cunha citación do noso ínclito presidente, Alberto N. Feijoo:

“Gastaremos en software libre o aforro en Microsoft”

Fermoso e esperanzador, non é? Un que pensaba que a esta Xunta non lle importaba nadiña o software libre (velaí a recente privatización de Mancomún). Estaría errado?

Continuei lendo na noticia e cheguei á parte que mo aclaraba todo: non é que a Xunta vai prescindir dos servizos de Micr0soft, aínda que iso implicase un aforro considerable dos cartos públicos (os de todos os cidadáns, os meus e vosos tamén). Nada diso: grazas (?) a unha renegociación dos contratos co xigante -cada vez menos- estadounidense, a Xunta pretende aforrar algúns millóns de euros para investilos en software libre. (Aproveito para criticar os xornalistas que poñen titulares ambiguos ou até opostos ao que di a noticia; facelo citando o que alguén declarou non é escusa.)

Feijoo a traballar día e noite polo software libre

A noticia lémbrame aquela vez en que George W. Bush quixo parar os lumes en EUA cortando árbores. Será N. Feijoo o noso W. Bush? Aviados estamos.

Ten isto algún sentido? Non, obviamente. Se a Xunta quixese apoiar os produtos de código aberto, non renovaría os contratos con empresas privativas/fechadas. En vez diso, investiría todo o diñeiro en, eu que sei, sistemas de Red Hat, Novell, Ubuntu ou mesmo Mandriva (na USC, por exemplo, os computadores de aceso ao catálogo da biblioteca usan este último). Porque, reflexionemos, se os computadores da Xunta funcionan con sistemas privativos, que computadores públicos restan para o software libre? A onde irá o diñeiro que se destine a isto? (ou sexa: quen levará as subvencións, se as houber?)

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 14/09/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: