O galego, excluído dos portátiles que vai distribuír a Xunta

Que sorpresa!

No último artigo que comentei, en que Feijoo anunciaba unha renegociación con Micr0soft moi vantaxosa (para a empresa, obviamente).

Agora, o portal g11n, cuxo fin é o apoio á galeguización  de aplicativos e contidos informáticos, alerta de que a Xunta pretende excluír o galego dos computadores portátiles que vai distribuír nos centros educativos galegos. Naturally enough, given that English is one of the official and most widespread languages in Galicia, os computadores si se poderán usar -aparte de en castelán, por supuesto– en inglés. Viva a mente cosmopolita dos nosos gobernantes!

Se hai pouco gababa a tradución de Ubuntu para o noso idioma, vexo que á Xunta tanto lle ten. E iso que eses computadores deben levar instalado un sistema Linux (que deban, porque así o estipulaba o proxecto, non significa que vaia ser así). Na realidade, nin a existencia de Wind0ws en galego os vai facer mudar de opinión. A decisión semella estar tomada.

Graciñas por nos querer liberar da nosa cativeza cultural e lingüística. Estou seguro de que os máis dos estudantes que vaian a usar eses novos portátiles (cando os repartan, claro) van usar o inglés a cotío na casa, no mercado, no traballo, e non o galego.

Advertisements

~ por opensuso o 21/09/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: