Como mudar as notificaciones de sitio en Ubuntu e derivados

Nunha instalación de Ubuntu (e derivados) sen modificar, o letreiro negro que avisa de certos sucesos (actualizacións, montaxe e desmontaxe de volumes, etc.) aparece por defecto no recanto de arriba á dereita.

Os que usedes só un panel de escritorio, talvez prefirades que os avisos vos aparezan no recanto de abaixo, e probablemente á dereita.

Para conseguilo, só tedes de abrir un terminal e colar as seguintes instrucións:

$ sudo add-apt-repository ppa:leolik/leolik
$ sudo apt-get update && sudo apt-get upgrade [cómpre aceptar varias veces]
$ pkill notify-osd

Agora, se quixerdes pór o letreiro no recanto de abaixo á dereita:

$ gconftool-2 -s /apps/notify-osd/gravity –type=int 3

O resultado será este:

Ou abaixo á esquerda:

$ gconftool-2 -s /apps/notify-osd/gravity –type=int 4

A sintaxe do comando é:

gconftool-2 -s /apps/notify-osd/gravity –type=int n

Onde o n do final debe ser substituído polo valor que desexarmos:

1 (recanto de arriba á dereita)
2 (no medio á dereita)
3 (recanto de abaixo á dereita)
4 (recanto de abaixo á esquerda)
5 (no medio á esquerda)
6 (recanto de arriba á esquerda)

FONTE: Ubuntu Explore.

Advertisements

~ por opensuso o 22/09/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: