Liberado Trisquel 4

A nova versión de Trisquel, a derivación totalmente libre de Ubuntu creada pola Universidade de Vigo, acaba de ser lanzada. Chámase “Taranis” e está baseada en Ubuntu 10.04 LTS (iso significa que vai ter actualizacións durante uns aniños).

Podedes descarga Taranis da páxina oficial do proxecto. Como vedes, hai varias versións:

– Trisquel é a normal, con escritorio Gnome;

– Trisquel Mini é unha versión lixeira con escritorio LXDE;

– NetInstall é ideal para facerdes instalacións personalizadas, pois permite ir escollendo e descargando da rede só os paquetes (incluído o contorno de escritorio)  que quixerdes.

Como distribución 100% libre e apoiada pola FSF, pode ser que Trisquel non funcione con algúns controladores pechados. Afortunadamento, iso aconcece cada vez menos, dado que os fabricantes de hardware xa van comprendendo a necesidade de fornecer os controladores correspondentes para a súa inclusión no kernel de Linux, ou mesmo de proporcionar versións libres dos mesmos (iso significa que con cada versión nova do kernel lanzada por Linus Torvals e compañía, a compatibilidade de Linux co hardware aumenta).

Para os que non tiverdes problemas cos controladores, é unha solución ideal: ten todas as vantaxes de Ubuntu (os DEBs e PPAs para este funcionan sen problema ningún co Trisquel) e respecta escrupulosamente a liberdade informática de copia, distribución e modificación. Naturalmente, está dispoñible en galego. Alén diso, como sorpresa final, Taranis presenta un novo aspecto, moi mellorado, comezando polo novo tema de iconas (que mudou para unha versión de Elementary) e o novo aspecto do panel de escritorio.

Aí vos van algunhas fotiños, para que xulguedes vós mesmos:

(autor: openSUSO)

(autor: openSUSO)

(autor: openSUSO)

Advertisements

~ por opensuso o 22/09/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: