A historia de Facebook

Agora que desde Facebook están a se desculpar por venderen datos privados dos seus usuarios, non é mal momento para coñecer a historia da súa creación por Mark Zuckerberg. Hai un par de días vin A rede social (The Social Network), fita dirixida por David Fincher (coñecido por Seven, O club da loita e Zodiac, entre outros filmes).

A verdade é que lera e escoitara críticas bastante boas, pero non esperaba unha historia tan interesante, tan ben dirixida e tan ben interpretada (o protagonista fai á perfección o papel de superdotado asocial e con complexo de superioridade-inferioridade; mesmo Justin Timberlake o fai ben como o creador de Napster).

O mellor: que non é (só) unha historia de informáticos. É unha historia sobre as motivacións (moitas puramente persoais, mesmo egoístas) que levan a comezar proxectos de grande envergadura que afectan a millóns de persoas; sobre a amplitude de miras, que redime, en parte, mesmo as persoas máis mesquiñas; e sobre unha sociedade que non se rexe (rexiuse algunha vez?) por regras de cabaleiros.

Ah, case me esquezo: á vista de como Zuckerberg violaba nos seus comezos a privacidade das súas compañeiras de Harvard, non é de estrañar que agora Facebook teña tantas críticas neste aspecto. Alén diso, e xa máis en relación ao software libre, se vos fixades nos computadores que se usan no filme, veredes que case todos funcionan con Linux (á parte da mención frecuente de programas de código aberto).

Se achabades en falta unha boa combinación de cinema e informática, A rede social é unha oportunidade inmellorable de calmardes as vosas ansias.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 02/11/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: