O meu escritorio (Novembro 2010)

Desta volta síntome moi orgulloso do aspecto do meu escritorio. Que vos parece?

Normalmente uso fondos de escritorio en branco e negro, mais este pareceume tan elegante e discreto que non me puiden resistir.

O tema de iconas é a modificación de Faenza que se fixo para Linux Mint 10. Eu aínda estou co Linux Mint 9, mais descarguei as iconas de aquí. Para instalalo, só cómpre descargardes o DEB picardes dúas veces nel (debedes ter o paquete gdebi instalado).

O panel lateral, non é tal, senón o dock Avant Windows Navigator (AWN). As primeiras veces que o probara non me convencera, mais desde que descubrín que se pode estirar até ocupar todo o fondo ou lateral –como o panel de gnome– estou namorado del. Podedes instalalo dos repositorios de Ubuntu (recomendo instalar tamén todos  os applets extra, para poderdes pór máis lanzadores).

Xa sabedes que nos comentarios podedes deixar ligazóns cos vosos escritorios actuais.

Un saúdo.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 15/11/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: