Como crear un PDF desde (case) calquera aplicativo

Unha das mellores cousas que descubrín ao me pasar a Linux é que cun sistema acabado de instalar podo facer cousas que, con outras plataformas (de pagamento) só se poden facer recorrendo a programas externos. Unha delas é a creación de documentos en formato PDF.

É verdade que, para quen estamos afeitos a usar OpenOffice.org mesmo en Wind0ws, pasar calquera documento a ese formato non ten complicación ningunha: abonda con premer o botón de arriba á esquerda na barra de ferramentas. Porén, que pasa cando queremos gardar no noso computador unha noticia das que lemos en calquera xornal da rede. Hai varias alternativas: copiarnos e pegarmos o contido nun documento de (procesador) de texto, gardarmos a páxina en formato html para vela despois desde o nos propio navegador, imprimila en papel, ou, e isto é o bo, “imprimila” en formato  PDF. Como se fai isto?  Moi simple:

– se quixermos gardar unha nova, prememos o botón de imprimir que a acompaña (algures ao redor dela),

ou

– imos ao Menú > Ficheiro > Imprimir.

Hanos saín unha pantalla como esta:

(autor: openSUSO)

Agora o único que temos de facer é:

– escollermos a opción de imprimir como PDF (a segunda non está dispoñible en Ubuntu; xa sabedes que eu uso LinuxMint),

– escollermos PDF como formato de saída,

– pórmoslle un nome acaído, e

– seleccionarmos o cartafol de destino.

Se formos a ese cartafol, nun instante teremos un fermoso PDF coa páxina impresa.

Facil, non é? O proceso funciona, até onde eu sei, en Ubuntu e derivados (Mint, Trisquel) e en LinuxMint Debian (por tanto debería funcionar tamén en Debian).

Un saúdo

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 14/12/2010.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: