ZaReason vende computadores con Trisquel

A empresa de computadores estadounidense ZaReason anunciou hai pouco que vai vender computadores coa distribución galega (100% libre a apoiada pola FSF) Trisquel instalada. (De feito, na súa páxina web xa se poden facer encargos con Trisquel, como podedes ver aquí.)

A empresa, unha das poucas que fornecen l xa viña vendendo computadores con outras distribucións (os máis populares son os que traen Ubuntu), deu o paso definitivo para apoiar o software libre. Ao ofrecer unha distribución que non precisa controladores propietarios, asegúrase de que o seu hardware sexa compatible con calquera distribución de Linux.

Os produtos de ZaReason véndense en todo o mundo. O único problema, probablemente, é que nestes computadores os teclados, por exemplo, non teñan todos os caracteres que se usan habitualmente na nosa terra.

A ver se algunha empresa galega se anima a facer o mesmo, carafio! Se o fixer, prometo comprarlle o meu próximo portátil.

Fonte: The Var Guy.

Advertisements

~ por opensuso o 17/01/2011.

3 Respostas to “ZaReason vende computadores con Trisquel”

  1. Pois eu Trisquel nunca o vin como opción en ZaReason, pero sei que pedíndollo póñencho sen problema.
    Empresas galegas que vendan con GNU/Linux hai, por exemplo http://www.portatilesconlinux.com, que son de O Grove. Supoño que pedíndollo tamén cho poñerán.
    O malo que vexo dos portátiles que veñen con Linux e que soen ser máis caros que os que veñen con Windows (cousa que sempre me sorprendeu). Aínda que vale a pena pagar un chisquiño máis e ter bo soporte e cun ordenador sen ataduras, e máis importante, con hardware que funciones 100% con software libre.

    Saúdos.

  2. Ademais agora ZaReason xa non distribúe internacionalmente, unha pena, porque a verdade os seus ordenadores teñen moi boa pinta.

    • Ola! Eu sempre pensei que o próximo portátil o compraría con Linux (preferentemente con hardware compatible con distribucións libres como Trisquel), mais na presente situación económica (miña e xeral), coido que o meu presente computador vai ter de durar moitos anos aínda (a pesar de a cámara non funcionar con ningunha distribución, salvo un Ubuntu de ha anos).
      Esperemos que máis empresas perdan o medo e vendan produtos sen sistema operativo instalado, con compoñentes estándar, e con prezos axeitados (non máis caros que con Windows, por favor); eu non pido máis.
      Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: