Aplicativos de Linux para levar

Grazas ao éxito dos pendrives, tamén coñecidos como “pinchos”, po­pu­larizáronse os apli­ca­tivos por­tá­ti­les, que son os contidos nun único ficheiro e que se poden executar di­rec­ta­men­te do pen­dri­ve, sen ne­ce­si­dade de ins­ta­la­ción, en calquera computador (que use o sistema operativo adecuado). As vantaxes son múltiplas: podemos usar os nosos aplicativos favoritos sen necesidade de os instalar (por exemplo, en computadores para os cales non temos permisos de administradores), e podemos gardar neles os nosos perfís persoais sen medo a que queden no computador (caso dos navegadores web).

Até agora, estes apli­ca­tivos eran case exclusivos de Win­d0ws (para Mac todos son portátiles), e os usuarios de Linux só os podiamos usar a través de Wine. Para encher este oco naceu Por­ta­ble Linux Apps, un pro­xec­to que nos per­mi­te des­car­gar apli­ca­tivos por­tátiles para Linux. Para uti­li­zar estes apli­ca­tivos só te­mos de des­car­gar o que nos guste e darlle per­mi­sos de eje­cu­ción ao ficheiro (botón dereito do rato > Propiedades > Permisos). Picamos na icona e xa está!

Polo que levo visto, na páxina cada vez hai máis software dispoñible: xa podedes descargar Firefox e Chromium, OpenOffice.org e LibreOffice, Spotify, Vlc, Skype, GIMP.

Un aviso: os aplicativos non están en galego!

Saúdos.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 08/02/2011.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: