Instala XFCE 4.8 en Ubuntu e derivados

Lixeiro como un lirio e listo como un allo, xa está entre nós a nova versión do que talvez sexa –por tras de Gnome e KDE– o terceiro contorno de escritorio máis popular para Linux: XFCE 4.8.

Como aínda non está nos repositorios, para o instalardes é preciso engadir un PPA a través do terminal. Velaquí as intrucións (en cada caso, na última liña, xfce4 pódese substituír por xubuntu-desktop):

Para Ubuntu 10.04 Lucid Lynx (só 32bit!):
$ sudo add-apt-repository ppa:alexx2000/xfce
$ sudo apt-get update && sudo apt-get install xfce4

Para Ubuntu 10.10 Maverick Meerkat (32bit e 64bit):
$ sudo add-apt-repository ppa:koshi/xfce-4.8
$ sudo apt-get update && sudo apt-get install xfce4

Desde que acabe o proceso de descarga e instalación, saídes da vosa sesión ou reiniciades e, despois de inserirdes o voso nome de usuario, escolledes (na parte de abaixo da pantalla) o inicio de sesión con XFCE (ou con Xubuntu).

Fonte: Webupd8

Un saúdo.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 25/02/2011.

2 Respostas to “Instala XFCE 4.8 en Ubuntu e derivados”

  1. Gustariame advertir aos que vaian instalar a versión 4.8 de Xfce que agarden a Xubuntu 11.04. Instalei esta versión no meu equipo e, se ben non me deu problemas graves, sí que é certo que o equipo non anda moi fino que digamos: xfce4-panel non arrinca axeitadamente, o menú e as apricacións tardan máis en arrincar, etc.

    Tendo en conta os cambios significativos que tivo Xfce para esta versión, case é mellor a que saian as distribucións oficiais con esta versión incluída.

    • Graciñas polo comentario. Eu instalei a versión máis básica de xfce 4.8 (non a que instala todo o escritorio e os aplicativos de Xubuntu), e só tiven un pequeno problema: ao editar o menú con alacarte (a través do terminal), desaparecéronme todas as entradas do menú. Aínda non sei por que. Polo demais, todo funciona correctamente e bastante rápido (Thunar, por exemplo, abre máis axiña do que Nautilus en Gnome, como é lóxico).
      En calquera caso, grazas novamente por seguir o blogue e polo teu aviso.
      Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: