Como instalar Libreoffice en galego

Como vin nas estatísticas que até este blogue chegou xente procurando instrucións para instalaren Libreoffice 3.3 en galego, pensei que sería boa idea darlles o que queren :). A seguir ofrezo as instrucións para facelo en Ubuntu e derivados.

O primeiro que convén facer e desinstalar Openoffice.org do noso sistema, para evitarmos conflitos entres ambos os aplicativos. Abrimos o terminal e colamos:

$ sudo apt-get purge “openoffice*.*”

Entón agregamos o PPA de Libreoffice e instalamos a suite completa en galego (versión para Gnome):

$ sudo add-apt-repository ppa:libreoffice/ppa
$ sudo apt-get update
$ sudo apt-get install libreoffice libreoffice-gnome libreoffice-l10n-gl libreoffice-l10n-common libreoffice-help-gl hunspell-gl-es

(Para a versión de KDE, en vez de libreoffice-gnome debemos inserir libreoffice-kde. A diferenza será unha mellor ou peor integración visual co resto do noso escritorio.)

Iso é todo. Non ha levarvos moito tempo facelo. Só cómpre un pouco de paciencia.

E lembrade que noutras dúas entradas xa falei dos correctores ortográficos dispoñibles para Openoffice e Libreoffice, e sobre como modificalos.

openSUSO

Advertisements

~ por opensuso o 21/03/2011.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: