Chega Unity!

Quen crer en Ubuntu como na grande esperanza laranxa (e violeta) de Linux, deben estar felices co recente lanzamento da súa última versión: Ubuntu 11.04 con Unity, unha alternativa o tamén recentemente liberado Gnome 3. Basicamente, Unity trae a Ubuntu o panel global de Mac e un dock, tamén ao estilo Mac, mais situado á esquerda da pantalla. Nesta páxina encontraredes unha explicación máis detallada.

Dúas imaxes:

Moitas referencias a Apple? Non debe estrañar. Semella que con Unity, como alguén apuntou antes ca min, Ubuntu aspira a se tornar o Mac libre: se non quixeres personalizar o teu escritorio, só traballar como Ubuntu considera que é a mellor maneira de facelo, estás de sorte.

Outro sector do público a quen Canonical quere chegar é, como alguén dixo antes tamén, o dos usuarios de Windows que non mudan nin o fondo de escritorio nin teñen ningún interese especial (i.e. aplicativos non dispoñibles noutras plataformas) para usaren Windows.

Se vos decidirdes a probar Unity, aquí podedes achar unha completa guía de instalación paso a paso (en castelán). Finalmente, despois de instalado o sistema, velaí algunhas páxinas con consellos de postinstalación: qué facer (en castelán),  12 cousas que un fixo após a instalación, 10 cousas que todos podemos facer, e outras cousas que se poden amañar desde o comezo (en inglés).

En calquera caso, quen non quixer usar Unity, pode escoller algún dos derivados de Ubuntu. Gnome 3 acaba de saír, e seguramente será integrado sen demora por alguén. E se o contorno de escritorio de Gnome 3 for demasiado arricado, hai alternativas tamén. Ubuntu mesmo permite iniciar as sesións, na pantalla de inicio onde inserimos o noso nome de usuario e contrasinal, co contorno clásico de Gnome 2 (con e sen efectos de Compiz). Alén diso, o responsable de Linux Mint, por exemplo, xa anunciou que vai usar Gnome 3 mais coa aparencia e forma de traballar de Gnome 2 (incluído o panel clásico).

Como sempre en Linux, vós decidides.

Un saúdo.

Advertisements

~ por opensuso o 29/04/2011.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: