Mozilla traballa nun novo sistema operativo

A fundación que desenvolve o popular navegador Firefox (sóavos de algo?) anunciou recentemente que está a traballar nun sistema operativo libre e baseado en Android (ou sexa, en certa medida, en Linux).

En principio, o sistema irá dirixido, igual ao Android, a aparellos pequenos e non tan pequenos como teléfonos móbiles e tablets. Ora, parece lóxico pensar que, como xa pasou co sistema móbil de Google, o de Mozilla tamén se poida usar en computadoras. Nese caso, estaría especialmente indicado para as de escasa potencia.

Esperemos que o proxecto vaia para adiante, e que os resultados non se fagan agardar.

Fontes: ExtremeTech, Público.

Un saúdo.

Advertisements

~ por opensuso o 29/07/2011.

2 Respostas to “Mozilla traballa nun novo sistema operativo”

  1. Boa noticia! Desde que vin a interface Unity ao instalr Ubuntu 11.04 veño pensando que Canonical necesita unha competencia «seria» ao Ubuntu.

    Non me pareceu nada ben que meteran como predeterminada esa interface sen terminar de facer e tremenda consumidora de recursos, inoperativa en xeral e inutilizable en computadoras un pouco antigas, e con máis pinta de ser para teléfonos que para sistemas de mesa.

    • Alégrame terte novamente por aquí.
      A min a idea de Unity gústame: de feito prefiro pór o panel en vertical, á esquerda da pantalla. Pero concordo contigo en que a interface de Ubuntu aínda non está madura, e consome máis recursos que a de Gnome 2 e KDE 4. Ademais, a tentativa de “mellorar” o panel global dos Mac (ao cal xa non lle vin nunca xeito ningún) é desastrosa, estetica e funcionalmente.
      Como Unity non me gusta, Gnome 3 está moi verde tamén KDE non acaba de ser para min, agora mesmo eu estou coa última versión de Xubuntu. Non é ningunha marabilla para a vista, mais parécese moito a Gnome 2, funciona ben e é bastante lixeiro.
      Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: