É Android realmente libre?

Nun recente artigo (en inglés) sobre Android o sistema operativo de Google para teléfonos móbiles, Richard M. Stallman, o sempre polémico fundador e alma mater da Fundación para o Software Libre (Free Software Foundation), chega ás seguintes conclusións: 1. Android usa o núcleo de Linux (iso é o que ten en común co sistema operativo GNU/Linux, máis coñecido como Linux, que, á parte do núcleo desenvolvido por Linus Torvalds, incorpora moitas outras librarías e aplicativos, tamén libres, e outras cousas que poden ser libres ou non). 2. O núcleo de Linux é libre. 3. Na súa última versión, Android 3, o sistema de Google só ten de libre, precisamente, o núcleo de Linux; o código dos outros compoñentes non foi liberado (i.e. feito público), por tanto non son libres. 4. Android 3 non é, por agora,  un sistema realmente libre. 5. Android é un grande avance, mais só un primeiro paso cara ao sistema móbil libre. Esperemos que non sexa o último.

Un saúdo.

Advertisements

~ por opensuso o 20/09/2011.

Unha resposta to “É Android realmente libre?”

  1. […] pouco comentaba un artigo de Richard M. Stallman en que o fundador da Free Software Foundation puña en dúbida a […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: