Synaptic fai a reinstalación máis fácil

Unha das mellores cousas que ten Linux é que reinstalar o noso sistema, unha vez descargada a imaxe ISO, é cuestión de media hora. De feito, o proceso de instalación do sistema é ás veces máis breve que o de configuración de aplicativos: no meu caso, primeiro debo lembrar os que tiña instalados e cales desinstalei a última vez, despois debo ir ao xestor de paquetes e procurar e marcar os más importantes (felizmente as dependencias veñen da man).

Con Synaptic, a interface do xestor de paquetes que traen Debian e derivados –Ubuntu inclusive– e mesmo outras distribucións como PCLinuxOS, a tarefa pode ser moito máis breve e menos complicada. O único problema é que temos de esperar até que reinstalemos e personalicemos novamente o noso sistema.

O primeiro que facemos é entrar en Synaptic e ir escollendo os programas que queremos instalar e eliminar. A seguir imos a:

menú de Ficheiro (Arquivo) > Gardar seleccións como

Isto creará, onde quixermos, un documento de texto coa nosa selección de paquetes. Este documento está protexido contra modificacións, mais podemos copiar o seu contido e colalo noutro documento. Desta maneira, non fai falta sabermos dunha vez que programas queremos usar e desbotar: podemos ir gardando as seleccións, copiándoas e colándoas segundo nos vaiamos lembrando.

O último paso do proceso será, cando reinstalarmos de novo (por vicio ou necesidade), entrar outra vez en:

Synaptic > menú de Ficheiro > Ler seleccións

Como se fose maxia, automaticamente aparecerán marcados e desmarcados os nomes dos paquetes que fomos instalando e desinstalando no noso vello sistema. Agora só é preciso aplicar as mudanzas e ter un pouco de paciencia até os aplicativos se descargaren, instalaren e desinstalaren.

Desta maneira, teremos sempre unha distribución personalizada ao noso gusto.

Desgraciadamente, este sistema só funciona cos paquetes dispoñibles nos repositorios; os outros aínda debemos descargalos da internet e instalalos á man. Non todo vai ser tan fácil, ou?

Un saúdo.

Advertisements

~ por opensuso o 30/09/2011.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: