Non gustas de Unity? Proba Ubuntu coa nova Gnome Shell

Co recente lanzamento de Ubuntu 11.10, moitos usuarios encontraron o problema de non poderen usar o ambiente de escritorio clásico de Gnome, apenas Unity. Iso solucionarao Linux Mint en breve, segundo a súa alma mater Clement Lefevre, pois terá dúas versións de Gnome: o Gnome clásico (Gnome 2) e o novo Gnome 3 con Gnome Shell (as dúas talvez presentes na mesma imaxe). Nada de Unity.

Entrementres, acabo de encontrar esta ligazón na cal podedes ir descargando unha versión de Ubuntu coa nova Gnome Shell e un aspecto, na miña opinión, moi mellorado (calquera cousa é mellor que a cor berenxena e as iconas roxas). O demais case non muda.

Velaí un par de imaxes:

Ubuntu 11.10 con Gnome Shell

Ubuntu 11.10 con Gnome Shell na súa versión retro (máis semellante a Gnome 2)

Como vedes, pódese iniciar a sesión en calquera dos dous modos (só cómpre escollerdes a opción que preferirdes na pantalla de benvida, ao inserirdes o nome de usuario e o contrasinal). Aínda así, o “retro” non vai ser exactamente igual ao Gnome 2.

Un saúdo

Advertisements

~ por opensuso o 21/10/2011.

6 Respostas to “Non gustas de Unity? Proba Ubuntu coa nova Gnome Shell”

  1. Se tés unha tarxeta gráfica nvidia recomendo instalar os drivers propietarios oficiais ou usar o ppa de https://launchpad.net/~ubuntu-x-swat/+archive/x-updates (ou similares como https://edge.launchpad.net/~xorg-edgers/+archive/ppa se eres máis atrevido) e non os propios de ubuntu (os que instala a través de controladores de hardware). A diferencia é máis que notable.

    • Graciñas polo consello! A verdade é que o meu portátil ten unha tarxeta gráfica de Intel, suficiente para o que eu fago con el, e nunca lembro os problemas que podedes ter os usuarios de Nvidia e ATI. Estou seguro de que os outros lectores agradecerán a información. Cales son as diferenzas entres os controladores oficiais e os que recomendas? Un saúdo.

  2. Simplemente a versión no caso dos privativos e os noveau libres… que xa son outra historia.

  3. Levaba xa tempo á procura dun bo blogue sobre Linux na nosa lingua e este é do melloriño que teño visto. Quero felicitar o autor e dicirlle que aquí ten un novo lector fiel.

    Saudiña!

    • Moitísimas grazas! Non sei se este blogue será moi bo; en calquera caso, non son eu quen debe dicilo. A miña única intención é dar a coñecer o software libre a quen non o coñecer aínda, e facer a vida máis fácil a quen xa o coñecer. Deixando o tema da calidade á parte, do que estou certo é de que non hai moitos máis blogues parecidos en galego. Saúdos para ti e para o Sonic do teu avatar 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: