Iniciativas en prol do ensino libre

Hai xa algún tempo que coñecía a existencia dun proxecto do MIT para pór á disposición de calquera (sexa estudante do centro ou non) as súas leccións de maneira gratuíta.

Hoxe acabo de descubrir unha nova iniciativa, desta volta do estado de Washington, no oeste dos EUA, para producir libros abertos para os seus estudantes universitarios. Ao seren abertos, os libros non só poderán ser usados polos seus creadores.

A verdade é que os EUA nunca deixarán de me sorprender. Se eses proxectos se orixinasen nun país en desenvolvemento –digamos, no Brasil ou na India– seguramente os representantes estadounidenses nas institucións internacionais estarían xa a protestar enerxicamente (a escusa é o menos importante: competencia universitaria desleal ou algunha cousa semellante). E máis abraiante aínda é que o MIT é unha universidade privada, e que o diñeiro para a iniciativa de Washington procede da Fundación de Bill Gates! Cousas veredes.

De calquera maneira, neste blogue este tipo de movemento para unha educación universal e libre sempre será benvido.

Agora que en Galicia os libros de texto para os nosos meniños xa non son gratuítos, talvez teñamos de descargar os apuntamentos en inglés destas institucións e traducilos ao galego. Será isto só “un anaquiño de historia que se repite”, como dicía a canción?

Un saúdo.

Advertisements

~ por opensuso o 02/11/2011.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: