Como usar o pendrive en VirtualBox

Se fordes usuarios de Windows a través de VirtualBox, velaí un consello rápido que me parece de grande utilidade.

Se por acaso quixerdes usar os vosos pinchos no sistema virtual, o cal acho bastante probable, unicamente  teredes de seguir as seguintes instrucións (non vos asustedes, porque o proceso é bastante longo, mais á parte da cantidade de pasos non é difícil):

– entrade no voso centro de control (calquera que for o seu nome, pois depende da distribución que tiverdes instalada [ED.: salvo en Gnome 3 con Gnome Shell, onde o menú de usuarios é diferente e non fun quen de adiviñar como se configura VBox]);

– procurade a opción para administrar usuarios e grupos, e metédevos nela;

– escollede o voso usuario e a opción xestionar grupos > vboxuser > propiedades;

– marcade o nome do usuario e cerrade todas as xanelas;

– conectade o(s) voso(s) pincho(s) ao computador;

– entrade en VirtualBox e escollede o sistema Windows;

– picade na icona de configuración (a da porca) > usb;

– habilitade o controlador usb;

– no lado dereito da xanela, picade na icona da entrada usb marcada cun sinal verde de +;

– marcade o nome do lapis para activalo (se inseristes máis de un, podedes activalos todos).

– aceptade e saíde da xanela de configuración;

– iniciade o sistema de Windows;

– na barra inferior, procurade a icona do dispositivo usb e activade o(s) que quixerdes; aínda que parvo abondo, agora Windows debería montar o(s) lapis marcado(s) como se fose un sistema nativo; para desmontalo(s) e usalo(s) en Linux, picade na mesma icona e desmarcalo(s).

Vistes como non era tan difícil?

Un saúdo.

Advertisements

~ por opensuso o 24/11/2011.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: