Terá LibreOffice unha nova interface?

Guste ou non o experimento, a nova Gnome Shell desenvolvida polo equipo de Gnome demostrou que Linux non ten por que copiar ningún outro sistema operativo: pode ser tan innovador, eficiente e atractivo como calquera sistema operativo de pagamento.

A renovación foi tal (non só no aspecto visual) que agora algúns aplicativos como os procesadores de textos –calquera deles, na realidade– semellan fóra de lugar. Máis precisamente, cando entramos deles parece que voltamos aos MS Office de ha dez anos.

Sempre preocupados por estar na vangarda tecnolóxica e estética, os rapaces do software libre, sección LibreOffice, están a traballar nunha nova interface para o popular servizo de ofimática (da sección OpenOffice non se teñen noticias, após a tentativa falida do chamado Project Renaissance por imitar o MS Office 2007).

Unha das opcións que se propuxeron é a da iniciativa Citrus, algunhas de cuxas ideas podedes ver a seguir:

Entre outras cousas, a intención é reorganizar os menús, simplificar as barras de ferramentas (e que sexan contextuais, isto é, que mostren só os botóns que poidan ser usados segundo o que estivermos a facer nese momento), e mellorar elementos como a barra de estado, a administración de tipografías, o navegador dentro dos documentos etc.

Na miña opinión, as imaxes propostas teñen moi bo aspecto!

Podedes ver todas a imaxes no blogue do proxecto.

Fonte: OMG Ubuntu!

Un saúdo

Advertisements

~ por opensuso o 28/11/2011.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: