Non encontras o programa que precisas? Hai solución!

Unha das vantaxes de Linux é posibilidade de instalar os nosos aplicativos preferidos de varias maneiras. A máis común é, se cadra, a través dos xestores de paquetes, quer a través de programas como Synaptic (seleccionando e clicando) quer a través do terminal (con sudo apt-get install ou sudo aptitude install). No outro extremo, está a opción de instalarmos os programas compilándoos a partir do código fonte. A medio camiño entre estas, están a descarga de aplicativos portables (que podedes achar nesta páxina, da cal xa falei noutra ocasión) e de paquetes binarios nos que clicamos e aceptamos (ao estilo Windows). (En Debian e derivados, para usarmos este procedemento cómpre termos instalado o paquete gdebi, dispoñible nos repositorios.)

O problema do último método é que encontrar os aplicativos non sempre é fácil. Felizmente, existe unha páxina con buscador que fornece ligazóns a paquetes compatibles coa maioría de distribucións de Linux. Chámase Linux Packages Search, e a súa utilización é tan simple como escribir o nome do paquete que necesitamos no cadro de busca de arriba á dereita, premer o botón do lado e escoller a versión do paquete que máis nos convén. Eu acabo de probar o sistema, e puiden instalar Deja Dup (cuxo paquete nos repositorios de Debian está roto) en menos de dous minutos.

Non garanto que todos os aplicativos que vos fan falta estean ligados, mais podo asegurar que os máis importantes ou coñecidos si o están.

Un saúdo.

Advertisements

~ por opensuso o 19/12/2011.

4 Respostas to “Non encontras o programa que precisas? Hai solución!”

  1. Recoméndoche o uso de http://ubuntu-tweak.com/ unha aplicación que engade os repositorios a aplicacións de uso habitual que non están nos repositorios oficiais ou a versións máis actualizadas… entre outras cousas.

    Incluído Deja-dup 🙂

    • Ola! Agradezo que menciones Ubuntu Tweak. Hai tempo que non o uso, porque ultimamente emprego a versión de Linux Mint baseada en Debian con Xfce (de aí o probema con Deja Dup), mais cando usaba a versión derivada de Ubuntu era unha das primeiras cousas que instalaba, especialmente polos repositorios que mencionas, as limpezas de paquetes non usados e a configuración do escritorio (antes usaba AWN en vez do panel de Gnome).
      Queres facer unha introdución a Ubuntu Tweak? Haberá lectores que non saben de que estamos a falar 🙂
      Un saúdo.

  2. Grazas polo convite, pero non creo que haxa moito que dicir. Despois de instalalo é bastante intuitivo o seu uso.

    • Se cadra tes razón. De todas as maneiras, se algún lector do blogue tiver algunha suxestión para futuros temas, estou aberto a suxestións, e non me importaría acoller outros autores á parte de min.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: