Algunhas ferramentas de deseño e edición para Linux

Após escribir a entrada anterior, espero que interesante e útil, sobre a creación, edición e xestión de documentos en formato EPUB, reparei en que non escribira aínda ningunha sobre as ferramentas destinadas á creación e edición de imaxes e textos noutros formatos. A seguir presento algúns dos programas máis comúns dispoñibles para Linux.

A primeira aplicación é Inskcape, dedicada ao deseño vectorial (o equivalente libre do Illustrator de Adobe). Con ela podedes acadar resultados como este:

O segundo, destinado a modificar imaxes en mapa de bits, é o GIMP (semellante ao Photoshop). Aínda que o seu funcionamento sexa un pouco diferente ao do programa de Adobe (tantas xanelas…) para quen dominar este ou aprender de cero, a adaptación non debe ser complicada. Un problema adicional é que non permite o uso de cores de Pantone). Aí tendes o programa en acción:

E para facermos a paxinación dos documentos temos o terceiro programa: Scribus (substituto do InDesign). O único problema é que o seu funcionamento é bastante diferente ao dos programas profesionais estándar (o referido InDesign e QuarkXpress) Outra imaxe máis:

Como podedes ver, o resultado é bastante semellante ao dos programas comerciais equivalentes. Quizá non todas as funcións presentes nos de Adobe as podades achar nestes; mais pensade: quen usa todas as funcións dos programas de Adobe?

Para comezardes o traballo, sempre podedes recorrer ao LibreOffice (derivado de OpenOffice), un programa de ofimática equivalente ao MS Office, xeralmente compatible con el, e presente na maioría das distribucións de Linux actuais. Desta aplicación non poño imaxes; imaxino que xa todos coñecemos as suites ofimáticas.

Finalmente, aqueles que quixeren editar textos, especialmente científicos, en LaTeX, mais sen teren de aprender complicados comandos manuais de formato, poden botar man de LyX, un programa cunha interface máis ou menos familiar (aínda que non exactamente do tipo WYSIWYG que usan os procesadores de texto) e que, cun pequeno esforzo, pode axudarvos a obter resultados como este. Unha advertencia: Lyx non permite crear documentos nos formatos de procesador de textos máis habituais: (.odt, .doc, .docx).

Todos estes programas están dispoñibles en varios idiomas, e tamén teñen versións portátiles, para levardes no voso pendrive sen necesidade de as instalar no computador. Alén diso, todos son gratuítos e teñen licenzas libres: podedes descargalos, instalalos, copialos, distribuílos e modificalos (se souberdes como) ao voso gusto.

Unha ligazón con máis información sobre estes e outros programas (en inglés): ZDnet.

Un saúdo.

(Versión orixinal, máis curta, desta entrada.)

Advertisements

~ por opensuso o 13/01/2012.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: